O harmattan é un vento alisio de África Occidental frío, seco e poeirento. Sopra ó sur do Sáhara cara ó golfo de Guinea entre o finais de novembro e metade de marzo (inverno).[1] O nome está relacionado co termo haramata da lingua twi.[2]
No seu tránsito sobre o deserto toma finas partículas de po (entre 0,5 e 10 micrómetros). Cando sopra intensamente, o Harmattan pode empuxar o po e a area até Norteamérica.