Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Hemiciclo

Teatro grego en Taormina (Sicilia).

Por hemiciclo (do grego emi, medio e kyklos círculo) enténdese en arquitectura, un elemento ou estrutura que se dispón en forma semicircular. O termo indica xeralmente a forma arquitectónica cóncava como a famosa Praza do Plebiscito (Nápoles) ou a da Praza da República (Roma). A miúdo, utilízase tamén para designar a forma da ábsida.

A elección de forma curva en lugar da angular (por exemplo, cadrada) pode estar xustificada por esixencias estilísticas. Por exemplo, a forma circular ou oval pode dar a unha praza en particular un efecto escenográfico. Este é o caso da Praza de San Pedro en Roma. Outras veces, prevalecen esixencias prácticas, por exemplo no uso do hemiciclo nos teatros gregos. A mellor disposición obtíñase de feito se o público se atopaba sentado nun chanzo (cavea) construído ao redor da escena.

Doutra banda, está claro que a apertura do ángulo non debe necesariamente corresponder á do semicírculo. No caso do teatro grego, por exemplo, esta superaba os 180 graos.

Do hemiciclo do teatro grego provén de forma metafórica, o uso desta palabra para indicar un parlamento ou unha sala parecida (por exemplo, o Congreso dos Deputados de España ou a Asemblea Nacional de París, situada no Palacio dos Borbóns) ou ben os órganos que se reúnen en devandita sala.


Previous Page Next Page






Hemicicle Catalan Hemicycle English Hemiciklo EO Hemiciclo Spanish Hémicycle French Emiciclo Italian Hemiciclo Portuguese

Responsive image

Responsive image