Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Hidrolase

A lipase pancreática (aquí en complexo coa colipase e un pequeno inhibidor) é un exemplo de hidrolase que ataca enlaces éster de lípidos.
Cristal de lisozima, unha hidrolase

As hidrolases son unha clase de encimas que catalizan reaccións químicas de hidrólise, nas cales unha molécula de auga ataca e rompe un enlace, e que seguen a seguinte reacción xeral:

R-R' + H2O ⇌ R-OH + R'-H

Entre elas encóntranse as esterases, que hidrolizan enlaces éster, as peptidases, que hidrolizan enlaces peptídicos, as glicosidases, que hidrolizan enlaces glicosídicos, ou as fosfatases, que hidrolizan produtos fosfatados, separando un fosfato.

As hidrolases en xeral non necesitan a colaboración de coencimas para realizaren a súa catálise. Son activables por catións.

As hidrolases son abundantes nos lisosomas da célula. As hidrolases lisosómicas son hidrolases ácidas, xa que requiren un pH arredor de 5 para a súa activación. Están pechadas dentro da membrana impermeable para elas do lisosoma, xa que a súa liberación súpeta no citoplasma pode lisar a célula. Dentro do orgánulo realizan a dixestión celular.


Previous Page Next Page






هيدرولاز Arabic Гідралазы BE Гідралязы BE-X-OLD Хидролаза Bulgarian Hidrolaza BS Hidrolasa Catalan Hydroláza Czech Hydrolase Danish Hydrolasen German Hydrolase English

Responsive image

Responsive image