Biografía | |
---|---|
Familia | |
Pais | Theiodamas e Menodice |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Na mitoloxía grega, Hilas (en grego Ύλας Hylas) era fillo do rei Tiodamante dos dríopes.
Cando Heracles matou o seu pai na batalla, perdoou a Hilas e tomouno como escudeiro, ensinándolle as artes do guerreiro. Heracles levou a Hilas con el a bordo da nave Argo, facéndoo un dos argonautas.
A instancias de Hera, Hilas foi secuestrado pola ninfa da fonte Pexea en Misia e desapareceu sen deixar rastro (segundo Apolonio Rodio). Nunca atoparon a Hilas porque este se namorara das ninfas e quedara con elas convertido en eco (Valerio Flaco, Argonáutica).