O home[1] ( pronunciación (axuda · info)), (homo, -ĭnis, probablemente relacionado con humus ‘terra, solo’, do que tamén derivaría humānus ‘relativo o home, humano’)[2] ou varón[3], (do latín varo, -ōnis ‘valente, esforzado’, probablemente relacionado con vir ‘varón, heroe’, baixo a influencia do xermánico baro ‘home libre’)[4][5] é o ser humano de sexo masculino, independentemente de se é neno ou adulto. A anatomía masculina distínguese da feminina polo sistema reprodutor masculino, que inclúe o pene, os testículos, o conduto espermático, a próstata e o epidídimo, así como as características sexuais secundarias. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade).
Home ou varón tamén remite a diferenzas de carácter cultural e social que se lle atribúen por xénero.
Como a maioría dos outros mamíferos machos, o xenoma dun home xeralmente herda un cromosoma X da nai e un cromosoma Y do pai. O feto masculino produce maiores cantidades de andróxenos e menores cantidades de estróxenos que un feto feminino.[6] Esta diferenza nas cantidades relativas destes esteroides sexuais é responsable das características fisiolóxicas que distinguen aos homes das mulleres. Durante a puberdade, as hormonas que estimulan a produción de andróxenos dan como resultado o desenvolvemento de características sexuais secundarias, exhibindo así maiores diferenzas entre os sexos. Estes inclúen unha maior masa muscular, o crecemento da lanuxe facial e unha menor composición de graxa corporal.[7]
O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.
O Día Internacional do Home celebrase o 19 de novembro.
varón (de «barón» con influencia do lat. vir)
barón, -esa (do xerm. «baro» ‘home libre’)