Hong gao liang | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 红高粱 |
Director | Zhang Yimou |
Produtor | Wu Tianming |
Guión | Chen Jianyu Zhu Wei |
Baseado en | Novela de Mo Yan |
Intérpretes | Gong Li Jiang Wen Teng Rujun |
Música | Zhao Jiping |
Fotografía | Gu Changwei |
Estudio | Xi'an Film Studio |
Estrea | 1987 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hong gao liang (chinés simplificado: 红高粱; pinyin: Hóng gāo liáng; "Sorgo vermello") é un filme chinés de 1987 dirixido por Zhang Yimou. Conta a historia dunha muller nova que traballa nunha destilería para producir licor de sorgo. Está baseada na novela homónima do Premio Nobel Mo Yan.
O filme gañou o Oso de Ouro no Festival de Berlín e foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 61ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.