Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Hospital Real de Santiago de Compostela

Hospital Real de Santiago de Compostela
Hospital Real de Santiago de Compostela
Edificio
Nome inicialGran Hospital Real
TipoHospital, hospicio
EstiloRenacentista, plateresco
EnderezoPraza do Obradoiro
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′53″N 8°32′45″O / 42.881388888889, -8.5458333333333
Uso(s)Parador de Santiago
Construción
Inicio1492
Construción1501
Remate1511
Remodelaciónséculo XVII
Dimensións
Plantasplanta terrea e tres andares
Equipo
Arquitecto(s)Henrique Egas (tamén Martín de Blas e Guillén Colás)
editar datos en Wikidata ]

O Hospital Real de Santiago, tamén coñecido como Grande Hospital Real de Santiago e, nos últimos tempos, como Hospital Xeral de Santiago, ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os Reis Católicos a Santiago de Compostela en 1492, na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno hospital.

Os peregrinos, ao presentaren a compostela dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta[1][2] adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo hospital refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos peregrinos ou seren asilos para os pobres. A palabra hospital deriva da latina hospes, que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de hospes pasou a hospitalia, para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de hospitalia derivou hospital.[3]

Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un Real Padroádego en 1499, que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do Reino de Granada.

  1. A credencial do peregrino é un caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, cuxa finalidade é o seu selado un par de veces ao día (xa sexa en igrexas, albergues ou incluso en bares que teñen o seu propio selo), para que o peregrino consiga a acreditación necesaria para aloxarse nos albergues do Camiño.
  2. Os selos do camiño Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en varias linguas) Consultada o 3/2/2012.
  3. Outro substantivo derivado é hospitium, que significa "hospitalidade", a relación entre o convidado e o que o acolle, co significado de amabilidade; de aí deriva hospicio. E os termos hospedaría, hostal, hospedaxe, hospedeiro etc.

Previous Page Next Page