Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Humus

Corte esquemático dun solo.
A capa ou horizonte O caracterízase pola cor escura debida á súa riqueza en carbono orgánico.

O humus[1] é a materia orgánica, conxunto de substancias composta por certos produtos orgánicos de natureza coloidal, que provén da descomposición dos animais e vexetais mortos.

O proceso de formación do humus, denominado humificación, pode ser natural, cando se debe á acción de organismos e microorganismos benéficos, como fungos e bacterias, os principais organisos descompoñedores, o artificail, cando o home induce a súa a produción adicionando produtos químicos e auga a u solo pouco produtivo. Varios axentes externos, como a humidade e a temperatura, contribúen tamén na humificación.

O humus caracterízase pola súa cor escura debido á gran cantidade de carbono que contén. Encóntrase principalmente nas partes altas dos solos con actividade orgánica. Os elementos orgánicos que compoñen o humus son moi estábeis, é dicir, o seu grao de descomposición é tan elevado que xa non se descompoñen máis e non sofren transformacións considerábeis.

Na formación do humus libéranse diversos nutrientes, entre os que destacan pola súa importancia os comopostos de nitróxeno.

  1. humus no dicionario da RAG.

Previous Page Next Page






دبال Arabic হিউমাছ AS Torpağın humusu AZ Гумус BE Гумус BE-X-OLD Sorèn BEW Хумус Bulgarian Humus Catalan Humus Czech Humus Danish

Responsive image

Responsive image