Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Patriarcado Copto Ortodoxo de Alexandría | |
---|---|
Cruz coptapergun | |
Historia | |
Fundación | Século I |
Fundador | Marcos o Evanxelista |
Separada de | Igrexas católica e Ortodoxa logo do Concilio de Calcedonia |
Escisións | Igrexa Etíope Tewahedo |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Papa de Alexandría | Teodoro II |
Estrutura | Dividida en metrópoles, dioceses e exarcados |
Clasificación | |
Grupo | Ortodoxia oriental |
Teoloxía | Miafisismo, Trinitaria |
Demografía e cultura | |
Fieis | arredor de 15 000 000 |
Países | Exipto, Sudán, Libia, Medio Oriente, Europa, América do Norte, Australia |
Linguas litúrxicas | Copto e linguas vernáculas |
Ritos litúrxicos | Copto |
Outros datos | |
Sede central | Alexandría e O Cairo |
Páxina web | copticpope.org |
O Patriarcado ou Igrexa Ortodoxa Copta de Alexandría é unha igrexa fundada, segundo a tradición, polo apóstolo e evanxelista Marcos a mediados do século I (arredor do ano 60) con sé en Alexandría, sendo a principal igrexa cristiá en Exipto. É unha das igrexas ortodoxas orientais, separadas do que hoxe son a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa logo do Concilio de Calcedonia por discrepancias sobre a natureza de Cristo. O seu máximo xerarca é o Papa de Alexandría e Patriarca de Toda África na Santa Sé de San Marcos, dende 2012 Teodoro II.