Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Illa dos Estados

Modelo:Xeografía físicaIlla dos Estados
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Terra de Fogo Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTerra do Fogo, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°47′00″S 64°15′00″O / -54.783333333333, -64.25
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude94 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións15 (ancho) × 63 (lonxitude) km
Superficie501 km² Editar o valor en Wikidata

A illa dos Estados[1] está situada no océano Atlántico Sur, ao leste da península Mitre da illa Grande da Terra do Fogo, da cal está separada polos 24 km do estreito de Le Maire.

Pertence ao departamento de Ushuaia da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, na Arxentina.

Dado que foi declarada reserva provincial ecolóxica, histórica e turística, o acceso está restrinxido a determinados continxentes turísticos que parten desde Ushuaia, que deben pernoctar na embarcación que os traslada.

Todo o arquipélago é administrado pola Armada Arxentina.[2]

  1. Statenlant ou "Terra dos Estados" foi o nome que lle deron os exploradores holandeses Willem Schouten e Jacob Le Maire o 25 de xaneiro de 1616, no curso da súa viaxe ao redor do mundo, crendo que era parte da Terra Australis Incognita. Staten ("dos Estados") deriva do nome do parlamento dos Países Baixos, Estados Xerais (Staten-Generaal). As Terras dos Estados era o nome que se lles daba na época aos territorios dependentes da República das Sete Provincias Unidas, daquela en guerra contra o rei de España. O seu nome actual en neerlandés é Stateneiland.
  2. Deutsche Gesellschaft für Technische Zusammenarbeit (GTZ) GmbH da República de Alemaña (1998). "Desarrollo y Conservación de la Isla de los Estados" (PDF). Sitio do Goberno da Provincia de Terra do Fogo, Antártida e Islas do Atlántico Sur. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2014. Del análisis de la información disponible surge que la Isla de los Estados se encuentra en jurisdicción de la Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur, pero es de dominio de la Armada Argentina. 

Previous Page Next Page