Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Ilhas Riau, Indonesia (pt) | |||
| ||||
Composto por | ||||
O arquipélago das Natuna (Kepulauan Natuna) é un grupo que consta de 272 illas indonesias, situadas no mar da China Meridional, entre a península Malaia e Sumatra e a illa de Borneo.
O arcqupélago é unha das partes máis setentrionais de Indonesia. A súa poboación é de aproximadamente 100 000 habitantes.
Administrativamente, as illas Natuna son un kabupaten (nivel da división administrativa de Indonesia que se encontra inmediatamente por debaixoo do nivel de Propinsi ou provincia) da provincia das Illas Riau (Propinsi Kepulauan Riau), formada por estas illas xunto coas illas Riau, as illas Anambas, as illas Badas e as illas Tambelan.
Até xullo de 2004 as illas Riau formaban parte da provincia de Riau, en Sumatra; desde entón se lles uniron os dous arquipélagos antes citados para formaren os tres unha nova provincia. En total, a provincia comprende uns 21 992 km² e conta con 1 198 526 habitantes. A capital é a localidade de Tanjung Pinang.
As principais illas son a propia illa Natuna Besar ou Gran Natuna, dentro das Natunas do Centro, o conxunto das illas Natuna do Sur e as illas Natuna do Norte.
A pesar de que se encontran a centos de quilómetros cara ao oeste, ás veces no grupo das illas Natuna se inclúen as illas Anambas.