![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Un imperio (do latín: imperium), é un estado con dominio sobre extensos territorios gobernado por un emperador etnicamente e/ou culturalmente diversos sendo alén dun poder hexemónico en certa área de influencia. Tamén se denomina Imperio ao conxunto dos territorios que rexe un estado imperial. Por extensión, "Imperio" pode referirse tamén á etapa histórica onde un país tomou esta política ou ben a potencia que exerce unha forte influencia política, económica e cultural.