Indianapolis Colts | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1953 Sede en Indianápolis, IN | |||||
| |||||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||||
National Football League (1953–presente) | |||||
Uniforme actual | |||||
Cores | Azul, branco | ||||
Mascota | Blue | ||||
Cadro de persoal | |||||
Propietario(s) | Jim Irsay | ||||
CEO | Jim Irsay | ||||
Director xeral | Ryan Grigson | ||||
Adestrador | Chuck Pagano | ||||
Historia | |||||
| |||||
Campionatos | |||||
Títulos de Liga (4)
| |||||
Conferencia (7)
| |||||
División (16)
| |||||
Estadios | |||||
|
Os Indianapolis Colts son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Indianápolis, Indiana. Os Colts compiten na División Sur da Conferencia Americana (AFC) da National Football League (NFL). Tras dúas décadas no RCA Dome, desde o ano 2008 xogan os seus partidos como local no Lucas Oil Stadium. Desde 1986 son, ademais, o equipo organizador da NFL Scouting Combine.
Desde a súa fundación en Baltimore en 1953, os Colts forman parte da NFL. De feito, son un dos tres equipos que se uniron ás franquías da American Football League (AFL) para formar a AFC despois da fusión en 1970 de ambas competricións. Durante os seus anos en Baltimore, o equipo xogou os playoffs en dez ocasións, gañand tres títulos da NFL: 1958, 1959 e 1968. Ademais, xogaron dúas Super Bowls mentres mantiveron a sede na cidade, perdendo ante os New York Jets a III e gañando aos Dallas Cowboys na V. A franquía mudouse a Indianápolis en 1984, onde gañaron dous títulos de conferencia e unha Super Bowls, vencendo aos Chicago Bears na XLI edición.