O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.
Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.
Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.
O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.