Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Insulina

Insulina.

A insulina é unha hormona de 51 aminoácidos organizados en dúas cadeas unidas por dúas pontes químicas que contén xofre. A súa misión máis importante é activar o transporte de glicosa cara ao interior das células para que se utilice como combustíbel ou se almacene, permitindo así o aproveitamento da glicosa proveniente da dieta ou da reserva endóxena do fígado ou do músculo. Regula os valores da glicemia, manténdoos entre marxes moi estreitas de 50 a 115 mg/dl en xexún e 140 após as comidas.

Sintetízase nos illotes de Langerhans do páncreas, onde se almacena nunha forma molecular de maior tamaño chamada proinsulina, cunha terceira cadea, ou péptido C, que une as outras dúas cadeas. Libérase ao torrente sanguíneo en forma de pequenos pulsos e aumenta notabelmente cando se inxiren alimentos, especialmente hidratos de carbono. A glicosa é o estímulo máis importante para que se libere insulina.

Cando non hai insulina dabondo, a glicosa non pode penetrar nas células e permanece no sangue e se activa a utilización de graxas e proteínas para a obtención de enerxía. Se o déficit de insulina é grave, a utilización do tecido adiposo produce corpos cetónicos.

Os fenómenos de resistencia á insulina e o seu déficit son a base da aparición da diabetes mellitus. No caso da diabetes mellitus tipo 1, prodúcese a destrución total do illote de Langerhans por mecanismos autoinmunes; mentres que no caso da diabetes mellitus tipo II, prodúcese un incremento da resistencia periférica á insulina, de carácter progresivo, que finalmente causa a destrución crónica do illote.


Previous Page Next Page






Insulien AF إنسولين Arabic ইনছুলিন AS Insulina AST İnsulin AZ Insulin BAR Інсулін BE Інсулін BE-X-OLD Инсулин Bulgarian ইনসুলিন Bengali/Bangla

Responsive image

Responsive image