Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A intelligentsia (do latín: intelligentia) é unha clase social formada por persoas involucradas en complexas actividades intelectuais e creativas orientadas ao desenvolvemento e a diseminación da cultura, incluíndo intelectuais e grupos sociais próximos a eles. O termo foi tomado ou ben do ruso, unha transliteración de ("intelliguéntsiya") ou ben do polaco. Os dous derivaron en principio da palabra francesa "intelligence". Ao comezo, o termo aplicouse no contexto de Polonia, Rusia e máis tarde, á Unión Soviética, e tivo un significado máis estreito baseado na autodefinición dunha certa categoría de intelectuais.