Ísland (is) | |||||
Himno | Lofsöngur | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | xeo | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Reiquiavik | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 364.260 (2019) (3,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua islandesa | ||||
Relixión | luteranismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 103.004 km² | ||||
Auga | 2,7 % | ||||
Punto máis alto | Hvannadalshnúkur (pt) (2.109 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 17 de xuño de 1944: (Founding of the Republic of Iceland (en) ) | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Domingo de Ramos (Easter − 7 days (en) ) Xoves Santo (três dias antes da Páscoa (pt) ) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Pascua cristiá (22 de marzo) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) First Day of Summer (en) (Thursday after 18 April (en) ) Festa dos maios (1 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Pentecoste (Easter + 49 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Icelandic National Day (en) (17 de xuño) Noiteboa (24 de decembro) Q16429504 (25 de decembro) Boxing Day (26 de decembro) Noitevella (31 de decembro) Commerce Day (en) (primeiro luns de agosto) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente | Halla Tómasdóttir (2024–) | ||||
Órgano executivo | Government of Iceland (en) | ||||
• Primeiro ministro | Bjarni Benediktsson (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Alþingi , (Escano: 63) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal da Islândia (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 27.841.648.044 $ (2022) | ||||
Moeda | Coroa islandesa | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .is | ||||
Prefixo telefónico | +354 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | IS | ||||
Código NUTS | IS | ||||
Sitio web | iceland.is | ||||
Islandia[1] (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima menos rigoroso que o que lle correspondería pola súa latitude, e por iso pode desenvolverse a vida na illa.
Islandia está habitada dende o ano 874 cando, segundo o Landnámabók, o xefe noruegués Ingólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixe nórdica e céltica. Entre 1262 e 1944 a illa pertenceu ás monarquías norueguesa e dinamarquesa. Até o século XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coa pesca e a agricultura, non foi até finais deste século cando a economía islandesa comezou a desenvolverse e a virar cara a outras actividades.
Hoxe en día Islandia é un país desenvolvido, o quinto país do mundo en canto a Produto Interior Bruto per cápita e o primeiro, xunto con Noruega, en canto a desenvolvemento humano. Islandia posúe unha economía de libre mercado, baseada nos servizos, nas finanzas, na pesca e nalgunhas industrias principalmente. O turismo é un sector importante no país, xa que moita xente é atraída pola súa exótica paisaxe. A illa é membro da Organización das Nacións Unidas, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, do Consello de Europa, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.