Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


John Wesley

Modelo:BiografíaJohn Wesley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1703 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Epworth (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 1791 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
St Luke's (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWesley's Chapel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónMetodismo e anglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónChrist Church College
Charterhouse School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónMethodist pastor (en) Traducir, misioneiro, sacerdote, escritor, teólogo, escritor de himnos, filósofo, tradutor, autor de diarios, abolicionista Editar o valor en Wikidata
Influencias
Día de festividade relixiosa2 de marzo Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Vazeille (1751–) Editar o valor en Wikidata
PaisSamuel Wesley Editar o valor en Wikidata  e Susanna Wesley Editar o valor en Wikidata
IrmánsMehetabel Wright
Charles Wesley
Samuel Wesley Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Dictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1158940 Musicbrainz: 70159658-912e-4a5a-a669-9c8ef1f473a1 IMSLP: Category:Wesley,_John WikiTree: Wesley-301 Find a Grave: 1937 Editar o valor en Wikidata

John Wesley, nado en Epworth o 6 de xuñoxul./ 17 de xuño de 1703greg. e finado en Londres o 2 de marzo de 1791 foi un clérigo, teólogo e evangelista inglés, líder do avivamento na Igrexa de Inglaterra coñecido como metodismo. As sociedades que fundou convertéronse na forma dominante do movemento metodista independente ata a actualidade.

Educado en Charterhouse e Christ Church, Oxford, Wesley foi elixido membro do Lincoln College, Oxford, en 1726 e ordenado pastor anglicano dous anos despois. Liderou o "Holy Club", sociedade formada co propósito de estudar e procurar unha vida cristiá devota. Fora fundado polo seu irmán, Charles, e tiña a George Whitefield entre os seus membros. Tras un ministerio sen éxito de dous anos en Savannah na colonia de Xeorxia, Wesley volveu a Londres e uniuse á sociedade relixiosa liderada por cristiáns moravos. O 24 de maio de 1738 experimentou o que se chamou a súa conversión evanxélica, cando sentiu o seu "corazón estrañamente cálido". Entón deixou os moravos e comezou o seu propio ministerio.

Un paso fundamental no desenvolvemento do ministerio de Wesley foi, como Whitefield, viaxar e predicar no exterior. En contraste co calvinismo de Whitefield, Wesley abrazou as doutrinas arminianas. Viaxando por Gran Breatña e Irlanda, axudou a formar e organizar pequenos grupos cristiáns que desenvolveron responsabilidade intensa e persoal, disciplina e instrución relixiosa; máis importante, nomeou evanxelistas itinerantes e sen ordenar para que coidasen estes grupos de persoas. Baixo a dirección de Wesley, os metodistas fixéronse líderes en moitos asuntos sociais do momento, incluídas a reforma das prisións e a abolición da escravitude.

Aínda que non era un teólogo sistemático, Wesley discutía o concepto de perfección cristiá e contra o calvinismo, en particular contra a súa doutrina de predestinación. Mantivo que, nesta vida, os critiáns podían acadar un estado en que o amor de Deus "reinase de xeito supremo nos seus corazóns", dándolles non só santidade exterior senón tamén interior. O seu evanxelicalismo, firmemente establecido sobre a teoloxía sacramental, mantiña que os medios da graza ás veces tiñan un papel na santificación do crente, a pesar de que ensinaba que era pola fe polo que un crente se transformaba no rostro de Cristo, e que as boas obras eran a proba de que unha persoa o era. Animou a xente a experimentar a Xesús Cristo persoalmente nunha "forma máis excelente" de "perfección cristiá". As ensinanzas de Wesley, coñecidas como teoloxía wesleyana, continúa a formar a base da doutrina das igrexas metodistas.

Durante a súa vida, Wesley permaneceu na Igrexa de Inglaterra, insistindo en que o movemento metodista cadraba ben na súa tradición.[1] Nos seus primeiros tempos de ministerio, Wesley foi apartado da predicación en moitas parroquias e os metodistas foron perseguidos; máis adiante foi amplamente respectado e, ao final da súa vida, foi descrito como "o home máis amado de Inglaterra".[2]

  1. Thorsen 2005, p. 97.
  2. Kiefer 2019.

Previous Page Next Page






جون ويزلي Arabic جون ويزلى (مترجم) ARZ John Wesley AST Джон Уесли Bulgarian John Wesley BR John Wesley Catalan John Wesley CDO John Wesley Czech John Wesley CY John Wesley Danish

Responsive image

Responsive image