Joseph Haydn |
|
Nacemento | 31 de marzo de 1732 Rohrau (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 31 de maio de 1809 (77 anos) Viena (Imperio Austríaco)
|
---|
Lugar de sepultura | Bergkirche (en) |
---|
|
Mestre de capela |
---|
|
|
|
Campo de traballo | Artes escénicas, música clásica, Música do Clasicismo, ópera, cuarteto de corda, sonata e sinfonía |
---|
Lugar de traballo | Viena |
---|
Ocupación | compositor, musicólogo, director de orquestra, pianista |
---|
Período de actividade | 1740 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música clásica |
---|
Movemento | Clasicismo |
---|
Catálogo crítico | Hoboken-Verzeichnis (en) (1957) |
---|
Profesores | Nicola Porpora (pt) |
---|
Alumnos | Paul Wranitzky, Friedrich Kalkbrenner (pt) , Marianne von Martinez, Ignaz Pleyel, Franciszek Lessel (pt) , Antonín Kraft (pt) , Anton Wranitzky (pt) , Jean-Baptiste Krumpholtz (pt) , Sigismund von Neukomm (pt) e Ludwig van Beethoven |
---|
Influencias | |
---|
Instrumento | Órgano e piano |
---|
Mecenas | Joseph Franz von Lobkowitz (pt) |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Anna Haydn |
---|
Pai | Mathias Haydn |
---|
Irmáns | Michael Haydn Johann Evangelist Haydn |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
---|
|
Franz Joseph Haydn ( pronunciación (axuda · info)), coñecido como Joseph Haydn,[nota 1] nado en Rohrau an der Leitha (actualmente en Austria e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 31 de marzo[nota 2] de 1732 e finado en Viena o 31 de maio de 1809, foi un compositor austríaco.[1] Considerado un dos compositores máis prolíficos do Clasicismo, é frecuentemente chamado "O Pai da Sinfonía" e "O Pai do Cuarteto de Corda" polas súas importantes achegas a estas formas. Tamén contribuíu ao desenvolvemento instrumental do trío con piano e na evolución da forma sonata.[2][3]
Viviu a meirande parte da súa vida en Austria, e desenvolveu boa parte da súa carreira como músico de corte para a rica familia Esterházy de Hungría, para os que escribiu as súas obras para barítono. Illado doutros compositores e tendencias musicais ata a parte final da súa vida, estivo, segundo dixo, "forzado a ser orixinal".[nota 3] Na época da súa morte, era un dos compositores máis célebres de Europa.[4]
Joseph Haydn era irmán de Michael Haydn, que foi considerado un bo compositor, e Johann Evangelist Haydn, que foi tenor. Mantivo unha estreita amizade con Wolfgang Amadeus Mozart (de quen mesmo se pensa que chegou a ser mentor) e foi mestre de Ludwig van Beethoven.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente
- ↑ Webster and Feder, 2001
- ↑ Rosen 1997, pp. 43–54
- ↑ Smallman, Basil (1992). The Piano Trio: Its History, Technique, and Repertoire. Oxford University Press. pp. 16–19. ISBN 0-19-318307-2.
- ↑ Bernard, Harrison (1998). Haydn, the «Paris» symphonies. Cambridge University Press. pp. 20ff. ISBN 0-521-47164-8.