Kevin Wayne Durant, nado o 29 de setembro de 1988 en Washington, D.C., é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA). Ala cunha alzada de 2,06 metros, antes da súa chegada á máxima competición do baloncesto norteamericano, Durant gañou multitude premios que o acreditaban como un dos mellores xogadores de instituto e universitarios do país.
Posteriormente Durant optou por presentarse ao Draft da NBA, sendo seleccionado na segunda posición polos Seattle SuperSonics. Na súa primeira tempada gañou o premio ao Mellor Novato da competición, este bo rendemento levouno en 2007 a asinar un contrato coa compañía deportiva Nike. Na tempada 2009-10, cunha media de 30,1 puntos por encontro, sendo o xogador máis novo en conseguilo, entrando tamén no quinteto ideal da liga, ao ano seguinte repetiría os logros. Outro éxitos destacados polo momento na súa carreira son o Mundial de Baloncesto de 2010, onde foi nomeado mellor xogador do torneo, e o MVP do All-Star Game 2012 en Orlando, Florida.