Kevin Michael Rudd, nado en Nambour, Queensland o 21 de setembro de 1957, foi o Primeiro Ministro de Australia e líder do Partido Laborista dende o 27 de xuño até o 18 de setembro de 2013. Ocupou devanditos cargos entre 2006 e 2010.
Dende 1998 até 2013, foi membro da Cámara de Representantes de Australia pola circunscrición de Griffith. O premier australiano abandonou a súa carreira como diplomático para abrirse camiño na política, e converteuse en líder do Partido Laborista en decembro de 2006.