Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Khanato

Khanato[1][2] é unha palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan.

En turco moderno, a palabra que se usa é kağanlık, e no azerí moderno da República de Azerbaidján, xanlıq. En Mongolia utilízase a palabra khanlig, como en Khereidiin Khanlig, que significa khanato de Kerait.

Esta entidade política é típica dos pobos da estepa de Eurasia e pode ser equivalente a outros termos tribais como cacicado, principado ou reino.

Os khanatos foron ás veces reagrupados en khaganatos, unha especie de Imperio baixo a autoridade dun khan soberano, khan de khanes, coñecido en galego como Gran Khan ou khagán (turco: kağan; mongol: хаган).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khanato.
  2. "Entrada khanato en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017. 

Previous Page Next Page






Khanaat AF خانية Arabic Xanlıq AZ خانلیق AZB Ханлыҡ BA Chanats BAT-SMG Ханство Bulgarian খানাত Bengali/Bangla C'hanelezh BR Kanat Catalan

Responsive image

Responsive image