Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs.
En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
En xuño de 2011, editou a canción "Video Games" no Internet, acompañada por un vídeo musical feito por ela mesma, que se fixo moi popular nos meses seguintes. A canción foi editada máis tarde coma sinxelo no mes de outubro, liderando o álbum de estrea nunha gran compañía del Del Rey, Born to Die, editado o 31 de xaneiro de 2012 a través de Interscope Records. Born to Die debutou no número un en sete países, incluíndo o Reino Unido[1] e Australia. O álbum deu dous sinxelos que chegaron ó top 10 en todo o mundo: "Video Games" e "Born to Die".
A música de Del Rey ten referencias a varios aspectos da cultura de pop, en particular dos anos 50 e 60. Entre as súas influencias musicais, Del Rey cita a Britney Spears, Eminem, Nirvana, Elvis Presley e Antony and the Johnsons entre outros.[2]