Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lavabo

Lavabo

Un lavabo[1] ou pía é un recipiente sobre o que se verte a auga para o aseo persoal. Fabricados tradicionalmente en porcelana, hoxe atópanse das máis diversas formas e materiais, tales como metal, gres ou vidro. Os lavabos actuais levan unha ou dúas billas que conectadas á fontanaría do edificio subministran auga fría e quente (actualmente a lei obriga en todo o estado español á instalación de billas cun só cano para saída de auga fría e quente[Cómpre referencia]). Na súa parte inferior teñen unha válvula de desaugadoiro, conectada ao saneamento, pola que se evacúa a auga usada.

Na actualidade, os lavabos fabrícanse en gran variedade de materiais entre os que se atopan a cerámica, o cristal, a resina, o metal, pedra puída ou madeira con tratamentos hidrófugos.

Lavamáns nunha industria alimentaria.

Nos establecementos de alimentación, a lexislación sanitaria esixe que os lavamáns utilizados polos manipuladores de alimentos sexan de accionamento non manual (de pedal, cóbado, células fotoeléctricas etc.) para evitar que, unha vez lavadas as mans, os manipuladores teñan que acciona-lo mando coas mans limpas. Ademais, deben dispor de auga fría e quente, xabón líquido e sistema de secado hixiénico de mans (papel).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lavabo.

Previous Page Next Page






Mundlēow ANG حوض غسيل Arabic Llavabu AST Lababo BCL Умивалник Bulgarian Gwalc'heris BR Lavabo Catalan Umyvadlo Czech Håndvask Danish Waschbecken German

Responsive image

Responsive image