Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lenda

Mapa de Atanasio Kircher mostrando unha suposta localización do lendario continente da Atlántida (1669).[1]

Unha lenda é unha narración popular transmitida oralmente (que en moitos casos quedou fixada tras ser recollida por escrito), de aparencia histórica pero cunha maior ou menor porporción de elementos fantásticos de tipo mitolóxico ou seres con poderes sobrenaturais. A diferenza dun conto, que o que busca é entreter e divertir ós oíntes, unha lenda ten un carácter máis trascendente e busca transmitir a cosmovisión dun grupo humano sobre determinados feitos ou lugares, cunha localización espacial e a miúdo tamén temporal.

Realmente, esta diferenciación entre lenda e conto é moitas veces unha construción intelectual, do colector, e existen autores, como Xosé Ramón Mariño Ferro, que destacan as grandes semellanzas entre algunhas lendas e algúns contos (os que chama marabillosos).

  1. Mundus Subterraneus, 1669.

Previous Page Next Page






Legende AF Legende ALS Leyenda AN سيرة بطولية Arabic কিংবদন্তি AS Lleenda AST Jawari AY Əfsanə AZ افسانه AZB Легенда BA

Responsive image

Responsive image