Republic of Liberia (en) | |||||
Himno | All Hail, Liberia, Hail! | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «The Love Of Liberty Brought Us Here» «Любовта към свободата ни доведе тук» «Ein Cariad at Ryddid a Ddaeth a Ni Yma» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Monrovia | ||||
Contén a división administrativa | Bong Condado de Bomi Gbarpolu Grand Bassa (pt) Grand Cape Mount (pt) Grand Gedeh (pt) Grand Kru (pt) Lofa (pt) Margibi (pt) Maryland (pt) Montserrado (pt) Nimba (pt) River Cess (pt) River Gee (pt) Sinoe (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.214.030 (2021) (46,82 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 111.369 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Monte Wuteve (pt) (1.440 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 7 de xaneiro de 1822 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | George Weah (2018–) | ||||
• Presidente | George Weah | ||||
Órgano lexislativo | Legislature of Liberia (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Liberia (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 3.509.000.000 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar liberiano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .lr | ||||
Prefixo telefónico | +231 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 e 114 | ||||
Código de país | LR | ||||
Liberia,[1] oficialmente República de Liberia, é un país de África Occidental. Liberia significa "Terra dos libres" en latín.[2] Limita ao norte con Serra Leoa e con Guinea, ao leste con Costa do Marfil e ao suroeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 111 369 km² e está habitado por 4 503 000 de persoas (2015).[3] O inglés é a lingua oficial, e outras 20 linguas indíxenas son faladas por diferentes tribos que representan máis do 95% da poboación. A súa capital é Monrovia.
Os bosques da costa están compostos na súa maioría por mangleirais tolerantes do sol, mentres que as terras menos poboadas do interior teñen bosques que se abren a unha meseta de pasteiros. O clima é ecuatorial, con abondosas chuvias durante a estación húmida dende maio a outubro e o vento harmattan que lembra o paso do ano. Liberia posúe arredor do 40% da selva húmida guineana. Foi un importante produtor de caucho a comezos do século XX.
A República de Liberia comezou como un asentamento da American Colonization Society (ACS), pero declarou a súa independencia o 26 de xullo de 1847. Os Estados Unidos non recoñeceron a independencia de Liberia até a Guerra Civil Estadounidense o 5 de febreiro de 1862. Entre o 7 de xaneiro de 1822 e a Guerra Civil, máis de 15 000 escravos americanos liberados foron enviados dende os Estados Unidos e 3 198 afrocaribeños foron recolocados no asentamento.[4]
Os colonos afroamericanos levaron canda si a súa cultura a Liberia. A constitución liberiana e a súa bandeira foron creadas a semellanza dos Estados Unidos. O 3 de xaneiro de 1848, Joseph Jenkins Roberts, un rico afroamericano nado libre en Virxinia, foi elixido como o primeiro presidente de Liberia despois de que o pobo proclamara a independencia.[4] Ó contrario que o resto dos países africanos, Liberia é a única república que autoproclamou a independencia sen rebelarse e loitar con outra nación, sendo a primeira e máis antiga república do continente. Liberia mantivo e preservou a súa independencia durante a era colonial europea.
Durante a segunda guerra mundial, Liberia apoiou os esforzos dos Estados Unidos na loita contra Alemaña, e en troques, os Estados Unidos investiron unha infraestrutura considerable en Liberia para axudar os seus esforzos bélicos. Isto axudou ó país a modernizarse e a mellor as súas redes de transporte. Ademais, o presidente William Tubman foi o responsable de grandes reformas económicas que transformaron o país. Internationalmente, Liberia foi un membro fundador da Sociedade de Nacións, da Organización das Nacións Unidas e da Organización para a Unidade Africana.
As tensións políticas duradeiras por mor do goberno durante 27 anos de William Tubman deveron nun golpe de estado militar en 1980, marcando o comezo dunha política de inestabilidade. Cinco anos de goberno do People's Redemption Council e outros cinco anos de goberno civil do National Democratic Party of Liberia foron seguidos pola Primeira e Segunda Guerra Civil Liberianas. Os resultados foron a morte e o desprazamento de máis de medio millón de persoas e a devastación da economía. O acordo de paz de 2003 conseguiu unhas eleccións democráticas no 2005. A recuperación do país avanza, pero arredor dun 85% da poboación vive por debaixo do limiar de pobreza.
A estabilidade económica e política de Liberia estivo ameazada na década de 2010 pola epidemia do ébola. Orixinouse en Guinea en decembro de 2013, entrou en Liberia en marzo de 2014 e foi declarada oficialmente rematada o 8 de maio de 2015.[5][6][7]