Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Arameo ܐܪܡܝܐ, ארמית | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /arɑmiθ/, /arɑmit/, /ɑrɑmɑjɑ/, /ɔrɔmɔjɔ/ | |
Outros nomes: | Arāmît | |
Falado en: | Armenia, Azerbaidján, India (con Ashoka o Grande), Irán, Iraq; Israel; Territorios palestinos; Xeorxia; Líbano; Rusia; Siria; Turquía. | |
Rexións: | Crecente Fértil e Arabia oriental | |
Total de falantes: | ~445.000 | |
Familia: | Semítica Semítica central Semítica do noroeste Arameo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | arc | |
SIL: | ABV
| |
Mapa | ||
Status | ||
O arameo[2] é unha lingua semítica falada orixinariamente polos arameos da zona de Siria Palestina. Pertence xunto co ugarítico, o fenicio e o hebreo ao grupo noroccidental das linguas semíticas. Foi empregado como lingua franca e diplomática durante séculos en Asia occidental.