Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lingua flamenga

Flamengo
Vlaams
Outros nomes:Neerlandés flamengo
Falado en: Países Baixos, Bélxica, Francia
Total de falantes:
Familia: Indoeuropeo
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Baixoxermánica
    Baixo fráncico
     Neerlandés
      Flamengo
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Flandres Flandres
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O neerlandés flamengo (vlaams-nederlands), ou simplemente flamengo[1] (vlaams),[2][3][4] é o dialecto ou variedade rexional da lingua neerlandesa falada en Flandres polo pobo flamengo, e polo tanto unha das linguas de Bélxica. O neerlandés era falado orixinalmente na zona da desembocadura dos ríos Rin, Escalda e Mosa que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Norte de Bélxica, Norte de Francia (Dunkerque, Calais) e unha pequena parte do noroeste de Alemaña.

A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur. Esta separación política entre as provincias neerlandófonas provocou que en cada zona a lingua sufrise unha evolución con algunhas singularidades.

A hexemonía das provincias de Flandres no sur e de Holanda no norte deu lugar a que, de maneira algo informal, se usase o termo flamengo para distinguir as peculiaridades do sur e holandés para as do norte, aínda que ambos deben ser considerados dous dos principais dialectos do neerlandés.

Ademais, cada cidade, vila e aldea ten a súa propia fala, case sempre en progresivo declive.[5] O conxunto de todos os dialectos falados na rexión de Flandres sería o que se adoita chamar lingua flamenga.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flamengo.
  2. "Flemish, Vlaams". BBC. 14 de outubro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  3. "Flemish language policy in an era of globalisation by Barbara De Cock" (PDF). Gencat.cat. 2006. Consultado o 3 de maio de 2017. 
  4. "Flemish language, alphabet and pronunciation". Omniglot. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  5. Nos últimos anos, as autoridades están interesadas en manter o legado das linguas locais e nalgunhas cidades danse cursos do dialecto local. Este interese é máis salientable en Flandres occidental, a área con máis singularidades.

Previous Page Next Page