Ladino ladin | ||
---|---|---|
Falado en: | Italia | |
Rexións: | Trentino-Tirol do Sur | |
Total de falantes: | 40.000 | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Ítalo-occidental Galoibérica Retorrománica Ladino | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | lld
| |
Mapa | ||
Status | ||
O ladino[2] (en ladino: ladin, en italiano: ladino, en alemán: Ladinisch) é unha lingua que pertence á familia lingüística romance estreitamente relacionada co romanche e o friulano. É falada polo pobo ladino na rexión histórica de Ladinia nos Alpes Dolomitas que administrativamente abrangue parte das provincias de Tirol do Sur, Trento e Belluno rodeados de territorio de lingua tradicional alemá, conservando a súa lingua, a cal agora ten recoñecemento social como lingua independente, aínda que carece dunha forma estándar común pese a que existen tentativas para creala,[3] existindo formas escritas dos diferentes dialectos desde o século XIX. Está recoñecida como lingua minoritaria en 54 concellos [4] e segundo o censo de 2011 contaba con 18.550 falantes en Trento [5] e 20.548 no Tirol do Sur,[6] non existindo datos para o número de falantes en Belluno.