Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lingua latina

Latín
Lingua latina
Falado en: Cidade do Vaticano.
Rexións: Orixinalmente na Península Itálica, logo na zona de influencia do Imperio Romano e toda Europa Occidental.
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Latín
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Cidade do Vaticano
Regulado por: Opus Fundatum Latinitas
Códigos de lingua
ISO 639-1: la
ISO 639-2: lat
ISO 639-3: lat
SIL: LTN
Mapa
Status
Caligrafía nunha Biblia en Latín do ano 1407 que se atopa en Malmesbury Abbey, Wiltshire, Inglaterra. A Biblia foi escrita a man en Bélxica por Gerard Brils, para ser lida nun mosteiro.

O latín[1] (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas,[2] e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas[3] que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da Península Itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium).

Adquiriu grande importancia coa expansión de Roma,[4] e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).[n. 1]

O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe. Tamén influíu nas palabras das linguas modernas debido a que durante moitos séculos, despois da caída do Imperio romano, continuou usándose en toda Europa como lingua franca para as ciencias e a política, sen ser seriamente ameazada nesa función por outras linguas en auxe (como o español no século XVII ou o francés no século XVIII, ata practicamente o século XIX.

A Igrexa católica úsao como lingua litúrxica oficial (sexa no rito romano sexa nos outros ritos latinos), aínda que desde o Concilio Vaticano II permítense ademais as linguas vernáculas.[5] e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Tamén se usa para os nomes binarios da clasificación científica dos reinos animal e vexetal, para denominar figuras ou institucións do mundo do Dereito, como lingua de redacción do Corpus Inscriptionum Latinarum, e en artigos de revistas científicas publicadas total ou parcialmente nesta lingua. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, este termo úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e nos Estados Unidos de América e España para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

O alfabeto latino, derivado do alfabeto grego (en si derivado do alfabeto fenicio), é amplamente o alfabeto máis usado do mundo con diversas variantes dunhas linguas a outras. O estudo do latín, xunto co do grego clásico, é parte dos chamados estudos clásicos, e aproximadamente ata os anos 1970 foi estudo case imprescindible nas humanidades. Ata o día de hoxe, en países como Alemaña, nos Gymnasien ensínase latín ou grego xunto a linguas modernas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para latín.
  2. Sandys, John Edwin (1910). A companion to Latin studies (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. pp. 811–812. 
  3. Goldman, Norma; Nyenhuis, Jacob E. (1982). Latin via Ovid: a first course (en inglés) (2.ª ed.). Detroit: Wayne State University Press. p. xv. ISBN 0-8143-1732-4. OCLC 8934659. Consultado o 23 de decembro do 2022. 
  4. Sihler, Andrew L. (2008). New comparative grammar of Greek and Latin (en inglés). Oxford: Oxford University Press. p. 16. ISBN 978-0-19-537336-3. OCLC 262718788. 
  5. La misa en latín.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/> correspondente


Previous Page Next Page






Алаҭын бызшәа AB Latyn AF Lateinische Sprache ALS ሮማይስጥ AM Latín AN Læden ANG Latin ANN लैटिन भाषा ANP اللغة اللاتينية Arabic ܠܫܢܐ ܠܐܛܝܢܝܐ ARC

Responsive image

Responsive image