Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lingua mayo

Mayo
Yoremnokki
Falado en: México
Rexións: Sinaloa, Sonora e partes de Durango
Total de falantes: 39.000 (censo de 2020)[1]
Familia: Linguas uto-aztecas
 Linguas cahitas
  Mayo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mfy
Mapa
Status

O mayo está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua mayo é unha lingua nativa americana da familia uto-azteca. Fálana unhas 40.000 persoas do pobo mayo ou yoreme, os cales viven no sur do estado mexicano de Sonora e no norte do veciño estado de Sinaloa. Baixo a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas" está recoñecida como unha "lingua nacional" xunto con outras 62 linguas indíxenas e o castelán. A lingua é considerada "en perigo crítico de extinción" pola UNESCO.[3]

A lingua mayo é parcialmente intelixible coa lingua yaqui, e a división entre as dúas linguas é máis política, pola división histórica entre os pobos yaqui e mayo, ca lingüística. A programación radiofónica tanto en mayo como en yaqui corre a cargo da estación XEETCH da CDI, que emite dende Etchojoa, Sonora.

  1. Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". www.unesco.org. 

Previous Page Next Page






Mayoeg BR Mayo (llengua) Catalan Mayo language English Majoa lingvo EO Idioma mayo Spanish Mayo (langue) French Lenga mayo PMS Língua mayo Portuguese Yorem simi QU Майо (язык) Russian

Responsive image

Responsive image