Mende Mɛnde yia | ||
---|---|---|
Falado en: | Serra Leoa Liberia | |
Total de falantes: | 1,5 millóns (2006) | |
Familia: | Níxer-congo Mandé Mandé occidental Mandé suroccidental Mende–Loma Mende–Bandi Mende–Loko Mende | |
Escrita: | Latino; silabario mende de Kisimi Kamara | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | men | |
ISO 639-3: | men
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua mende (Mɛnde yia) é unha lingua falada en Serra Leoa e nalgunhas zonas da veciña Liberia. É falada polo pobo mende e por outros grupos étnicos, xa que actúa como unha lingua franca no sur de Serra Leoa.
Mende é unha lingua tonal da póla mandé da familia de linguas níxer-congo. A descrición sistemática máis antiga do mende foi feita por F. W. Migeod [1] e Kenneth Crosby.[2]
En 1921, Kisimi Kamara inventou o silabario para o mende chamado Kikakui (). Esta escrita foi usada amplamente durante un tempo, mais acabou por ser substituída por un alfabeto baseado no latino.[3] A Biblia foi traducida ó mende en 1959.