Ojibwa Anishinaabemowin ᐊᓂᔑᓈᐯᒧᐎᓐ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Chippewa | |
Falado en: | Canadá e Estados Unidos de América (Montana) | |
Rexións: | Ontario, Manitoba, e até Saskatchewan, con grupos periféricos tan lonxe cara ao oeste como Columbia Británica; nos Estados Unidos, dende Alto Míchigan cara ao oeste a Dacota do Norte | |
Total de falantes: | 44.000 (citados entre 1990–2001) | |
Familia: | Álxico Algonquino Ojibwa–Potawatomi Ojibwa | |
Escrita: | Alfabeto latino, alfasilabarios nativos canadenses | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | oj
| |
ISO 639-2: | oji | |
ISO 639-3: | oji
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua ojibwa ou anishinaabemowin (ᐊᓂᔑᓈᐯᒧᐎᓐ no silábico do ojibwa oriental) é o segundo máis falado dos idiomas amerindios no Canadá (tralo cree), e o terceiro máis falado en norteamérica (tralo navagho e o cree).[2] Fálano os anishinaabe: un grupo composto dos algonquinos, os nipissing, os ojibwa, os saulteaux, os mississaugas, e os ottawa. Unha lingua moi estreitamente relacionada, e frecuentemente incluída nese grupo, son o anishininimowin e o potawatomi. Debido ao seu papel de grande importancia no comercio de pel cos franceses, a lingua anishinaabe converteuse no idioma de comercio na rexión ao redor dos Grandes Lagos, e por centos de anos tivo unha presenza moi importante no norte dos Estados Unidos e no Canadá.