Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lingua siciliana

Siciliano
Sicilianu
Falado en: Italia
Rexións: Sicilia, centro e sur de Calabria e no sur de Puglia.
Total de falantes: 4 700 000 (2002)[1]
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica oriental
    Italo-románica
     Siciliano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: scn
ISO 639-3: scn
SIL: scn
Mapa
Status

O siciliano está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O siciliano[3] é unha lingua romance propia da illa de Sicilia, no sur da Italia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na Península Itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabrés) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania.

Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, occitano, catalán e do español.

O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións oficiais e na forma escrita.

Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.

  1. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition" (en inglés). Ethnologue. Consultado o 5 de marzo de 2008. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para siciliano.

Previous Page Next Page