Tehuelche Aoniken, Inaquen, Gunua-Kena, Gununa-Kena | ||
---|---|---|
Falado en: | Arxentina | |
Rexións: | Patagonia | |
Extinción: | 2019 (coa morte de Dora Manchado)[1] | |
Familia: | Chon Chon continental Tehuelche | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | teh
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua tehuelche,[3] pertencente ao grupo de linguas chon, foi falada polo pobo tehuelche meridional ou aónikenk da Patagonia. O seu autónimo foi aonekʾen ʾaʾjen, a lingua do Sur. A denominación tehuelche é un exónimo proveniente do mapudungun "xente belicosa". Existe a evidencia lingüística que permite clasificar o tehuelche dentro das linguas chon meridionais. Dentro das linguas chon o tehuelche ten proximidade coa extinta lingua teushen. No 2000 restaban catro falantes da lingua.