Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lingua turca

Turco
Türkçe
Pronuncia:ˈtyɾct͡ʃɛ
Falado en: Turquía, Norte de Chipre, Chipre, Bulgaria, Macedonia do Norte, Grecia,[1] Azerbaidján,[2] Kosovo,[3] Romanía
Total de falantes: 80 millóns (2006)[4]
5,9 millóns como segunda lingua (2019)[4]
Posición: 22
Familia: Linguas turcas
 Linguas oghuz
  Oghuz occidental
   Turco
Escrita: Latino (alfabeto turco)
Status oficial
Lingua oficial de: Turquía Turquía
República Turca do Norte de Chipre República Turca do Norte de Chipre[5]
Chipre Chipre [6]
Regulado por: Türk Dil Kurumu (Sociedade da lingua turca)
Códigos de lingua
ISO 639-1: tr
ISO 639-2: tur
ISO 639-3: tur
Mapa
Status

O turco está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[7]

O turco[8][9] (Tr-Türkçe.oga Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con entre 80 e 90 millóns de falantes. É a lingua nacional de Turquía e a República Turca do Norte de Chipre. Existen comunidades de falantes en Iraq, Siria, Alemaña, Austria, Bulgaria, Macedonia do Norte, Grecia e o no Cáucaso, así como noutras partes de Europa e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azerí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa eurasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa[10], estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

  1. "The Muslim Minority of Greek Thrace". 
  2. Taylor & Francis Group (2003). Eastern Europe, Russia and Central Asia 2004. Routledge. p. 114. ISBN 978-1-85743-187-2. Consultado o 26 de marzo de 2008. 
  3. "Kosova: Turkish Becomes Official Language". 25 de setembro de 2006. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Turkish". Ethnologue. Consultado o 5 de xaneiro de 2023. 
  5. "Constitution of Turkish Republic of Northern Cyprus". www.cypnet.co.uk. 15 de novembro de 1983. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  6. "Languages of Cyprus". CIA World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  7. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turco.
  9. "turco". TERGAL. Consultado o 22/03/2019. 
  10. Gábor Ágoston, Bruce Alan Masters (2010)Encyclopedia of the Ottoman EmpireInfobase Publishing, p. 322

Previous Page Next Page






Аҭырқәа бызшәа AB Bahsa Turuki ACE Тыркубзэ ADY Turks AF Türkische Sprache ALS ቱሪክሽ AM Idioma turco AN तुर्की भाषा ANP اللغة التركية Arabic ܠܫܢܐ ܛܘܪܩܝܐ ARC

Responsive image

Responsive image