![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Localización | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado | España | ||||||||||||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||||||||||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||||||||||||
Ámbito funcional territorial | Ponent | ||||||||||||||
Comarca | Segrià ![]() | ||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||
Capital | Lleida City (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||
Poboación | 144.739 (2024) ![]() | ||||||||||||||
Número de fogares | 1.180 (1553) ![]() | ||||||||||||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||
Superficie | 212,3 km² ![]() | ||||||||||||||
Bañado por | Río Segre, Noguerola (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Altitude | 155 m ![]() | ||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||
Santo padrón | Anastasi de Lleida (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||
• Alcalde ![]() | Fèlix Larrosa i Piqué (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||
Código postal | 25001–25008 ![]() | ||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||
Prefixo telefónico | 973 ![]() | ||||||||||||||
Código INE | 25120 ![]() | ||||||||||||||
Código territorial IDESCAT | 251207 ![]() | ||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||
Sitio web | paeria.cat ![]() | ||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lleida[1] (en catalán: Lleida, [ˈʎɛjðə], pronunciación local: [ˈʎejðɛ]) é un municipio e cidade do oeste de Cataluña, capital da provincia de Lleida e da comarca do Segrià. Está situada no curso do río Segre, arredor dun outeiro coroado pola antiga catedral, a Seu Vella. Con 139.809 habitantes en 2013 é a segunda capital catalá e a sexta cidade máis poboada da comunidade.
Existen probas de asentamentos na área da cidade de Lleida polo menos dende a Idade de Bronce. Dende o século VI a.C. e ata a conquista romana converteuse na principal cidade dos ilerxetes, un pobo ibero que a denominou Iltirta. A cidade, que os romanos denominaron Ilerda, no século VIII foi invadida polos musulmáns e reconquistada en 1149 polas tropas de Ramon Berenguer IV e Ermengol VI. En 1297 Xaime II fundou o Estudo Xeral, que sería a primeira universidade de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a segunda de España tras a Universidade de Salamanca (cuxo antecedente sitúase na Universidade de Palencia).