Locust Abortion Technician | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Butthole Surfers | ||||
Publicado | marzo de 1987 | |||
Gravación | 1985 - 1986 | |||
Duración | 32:34 | |||
Xénero(s) | noise rock, rock psicodélico, rock experimental, avant-garde | |||
Selo(s) | Touch and Go Records | |||
Produtor | Butthole Surfers | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Locust Abortion Technician é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado en marzo de 1987 a través do selo Touch and Go Records. Todas as cancións foron compostas e producidas por Butthole Surfers, agás "Kuntz", dos artistas tailandeses Phloen Phromdaen e Kong Katkamngae, que orixinalemnet non apareceron acreditados. O álbum foi lanzado orixinalmente como un vinilo por Touch and Go, e foi remasterizado e reeditado en CD por Latino Buggerveil en 1999.
A ilustración da portada de Locust Abortion Technician de dous pallasos xogando cun can foi pintada por Arthur Sarnoff, e foi titulada "Fido and the Clowns".
Kurt Cobain listouno entre os seus 50 mellores discos de todos os tempos.[1][2] Tamén aparece no libro de Robert Dimery 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[3] En 2018 Pitchfork incluíu o álbum na súa lista dos "200 mellores álbums dos 80".[4]