Lois XIV de Francia |
Nome orixinal | (fr) Louis XIV |
---|
|
Nacemento | 5 de setembro de 1638 Castelo de Saint-Germain-en-Laye, Francia (pt) |
---|
Morte | 1 de setembro de 1715 (76 anos) Palacio de Versalles, Francia |
---|
Causa da morte | Gangrena |
---|
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
---|
|
Rei de Francia e de Navarra |
---|
14 de maio de 1643 – 1 de setembro de 1715 ← Lois XIII de Francia – Lois XV de Francia → |
15º Copríncipe francés de Andorra |
---|
14 de maio de 1643 – 1 de setembro de 1715 ← Lois XIII de Francia – Lois XV de Francia → |
|
|
Residencia | Palacio de Versalles |
---|
Ideoloxía política | Absolutismo |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
|
Ocupación | político, monarca, actor, coleccionista de arte, estadista |
---|
Período de tempo | Reino da França (pt) |
---|
Membro de | |
---|
|
Título | Rei de Francia e de Navarra |
---|
Familia | Casa de Borbón en Francia e Dinastía Borbón |
---|
Cónxuxe | Françoise d'Aubigné (1683, 1684–1715) María Tareixa de Austria e Borbón (1660–1683), morte do cónxuxe |
---|
Parella | Paulina hyuga Catherine Charlotte de Gramont Anne-Madeleine de Conty d'Argencourt Bonne de Pons d'Heudicourt Anne de Rohan-Chabot Isabelle de Ludres Olympe Mancini Catherine Bellier Maria Mancini Francisca Atenas Claude de Vin des Œillets Maria Angélica de Scorailles |
---|
Fillos | Luís, o grande delfim de França () María Tareixa de Austria e Borbón Ana Isabel de França () María Tareixa de Austria e Borbón Charles de La Baume Le Blanc () Paulina hyuga Maria Ana de França () María Tareixa de Austria e Borbón Philippe de Bourbon () Paulina hyuga Marie Anne de Bourbon () Paulina hyuga Maria Teresa de França () María Tareixa de Austria e Borbón Luís de Bourbon, conde de Vermandois () Paulina hyuga Felipe Carlos de França () María Tareixa de Austria e Borbón louise Françoise de Bourbon () Francisca Atenas unknown son Bourbon () Francisca Atenas Luís Augusto de Bourbon, duque de Maine () Francisca Atenas Louis-François de France () María Tareixa de Austria e Borbón Luís César de Bourbon () Francisca Atenas Louise Françoise de Bourbon () Francisca Atenas Louise Marie Anne de Bourbon () Francisca Atenas Louise de Maisonblanche () Claude de Vin des Œillets Francisca Maria de Bourbon () Francisca Atenas Louis Alexandre de Bourbon () Francisca Atenas unnamed son de Bourbon () Maria Angélica de Scorailles |
---|
Pais | Lois XIII de Francia e Ana de Austria |
---|
Irmáns | Filipe I, Duque de Orleães |
---|
|
|
1649 | Primeira comunhão (pt) (Igreja de Santo Eustáquio (pt) )
|
|
|
|
Sinatura |
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Louis XIV) Enciclopedia militar Sytin Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
|
Lois XIV de Borbón[1] ou Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Lois XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Lois o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Lois XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Lois XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.
Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Lois XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Lois tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Lois representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Lois XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07.