Los Angeles Clippers | |
---|---|
![]() | |
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Pacífico |
Fundación | 1970 |
Historia | Buffalo Braves (1970–1978) San Diego Clippers (1978–1984) |
Cores | Vermello, azul |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Staples Center |
Capacidade | 19.060 espectadores |
Inauguración | 17 de outubro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Steve Ballmer |
Presidente | Doc Rivers |
Director | Dave Wohl |
Adestrador | Doc Rivers |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 2 (2013, 2014) |
clippers.com |
Os Los Angeles Clippers son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede nos Ánxeles (California). Os Clippers compiten cada ano na National Basketball Association (NBA), sendo membros da División Pacífico da Conferencia Oeste. O club xoga os seus partidos como local no Staples Center, pavillón que comparten cos seus rivais da NBA Los Angeles Lakers, o equipo da NBA feminina Los Angeles Sparks e a franquía de hóckey sobre xeo da NHL Los Angeles Kings.
Fundado en 1970, conseguiu o seu primeiro título de división na tempada 2012-13. Ademais tan só en nove tempadas da súa historia lograron máis vitorias que derrotas. A consecuencia deses resultados é, entre outras cosas, os tres trocos de cidade que sufriu o equipo dende a súa fundación, pasando por Buffalo, San Diego e, actualmente, Os Ánxeles.