Μακεδονία (el) | |||||
Epónimo | Reino de Macedonia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tesalónica | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.382.857 (69,72 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua grega moderna Grego póntico | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 34.177 km² | ||||
Creación | 1913 | ||||
A Macedonia grega (en grego Μακεδονία e en AFI /maceðo'nia/) é a maior e a segunda máis populosa rexión de Grecia, formando a parte noroeste daquel país, ou todo o norte, unha vez que a Macedonia oriental está xunta coa Tracia, formando a periferia da Macedonia Oriental e Tracia.
Esta rexión é preto de metade da histórica rexión dos Balcáns onde, na antigüidade, se localizaba o antigo reino de Macedonia. A outra metade está dividida entre a Macedonia (ARIM) e a Bulgaria.