Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Madduwattas

Madduwattas ou Madduwatta (forma grega probabelmente Madiates) foi rei de Zippasla e despois de Arzawa (despois do -1400 ata aproximadamente o -1350).

Era un gobernador local que loitou en Lukka (Lícia) contra un home vido cos seus de Ahhiya (Ahhiyuwa = Acaia) de nome Attarisiya (Attarisiyas) pero foi derrotado, e Madduwattas refuxiouse en territorio hitita e foille retornada a rexión de Zippasla co título real, pero baixo a condición de que tiña que usar o país como base contra Arzawa. Madduwattas fíxoo pero, atacando pola súa propia iniciativa, foi derrotado por Kupanta-Kurunta, que ocupou Zippasla, e tivo que fuxir outra vez ao reino Hitita.

O rei hitita tivo que acudir a socorrer ao seu vasalo, derrotou a Arzawa e restaurou a Madduwattas.

Attarisiyas volveuno en atacar e o rei fuxiu por terceira vez a territorio hitita. Os hititas enviaron outro exército, que expulsou a Attarisiyas, pero desta vez ficou no país.

Máis tarde, Dalawa (a licia Tlawa, nome clásico Tlos) e Hunduwa rebeláronse, Madduwattas suxeriu que o exército hitita (dirixido por Kisbapili) atacase Hunduwa e el mesmo atacaría Dalawa. En realidade Madduwattas aliouse con Dalawa e, coa súa axuda, fixo caer a Kisnapili nunha trampa e exterminou o exército hitita.

Entón fíxose independente en Zippasla e casou coa filla do rei de Arzawa e non tardou en se apoderar deste reino, pero mantivo a aparencia de lealdade aos reis hititas.

Tudhaliyas, o rei hitita ordenoulle esmagar a revolta de Hapalla, e Madduwatas fíxoo, pero forzou a Hapalla a ofrecerlle lealdade a el mesmo. Despois incorporou Pitassa ao seu reino (Pitassa estaba preto dos dominios hititas).

Despois, en tempo do rei hitita Arnuwandas I, Madduwattas aliouse co seu antigo inimigo Attarisiyas e invadiu Alashiya (Chipre), dominando toda a Asia Menor occidental.

Sobre o -1350 sucedeuno Tarhunta-Radu. Entón as fronteiras do reino eran Tuwanuwa (Tyana a uns 170 km ao sur de Hattusas) e Uda (non identificada) e tivo contactos diplomáticos con Amenhotep III de Exipto, ao que pediu unha filla en matrimonio, pero probabelmente non lle foi concedida. Zippasla desapareceu da historia de Arzawa, e parece ser que o centro do poder se desprazou cara a Apasa ou Apasas, a capital tradicional do reino.


Previous Page Next Page






Madduwattas Catalan Madduwatta German Μαντουβάττα Greek Madduwatta English Madduwatta Spanish 마두와타 Korean Маддуватта Russian Madduwatta Turkish Маддуватта Ukrainian Madduwatta VI

Responsive image

Responsive image