Malpighiales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Flor da Calophyllum inophyllum | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Véxase no texto. |
As Malpighiales son unha das meirandes ordes de plantas con flor, comprendendo arredor de 16000 especies, approximadamente o 7.8% das eudicotiledóneas.[1] A orde é moi diversa e difícil de recoñecer agás con evidencia filoxenética molecular. Non forma parte de ningún dos sistemas de clasificación que se basean só na morfoloxía vexetal. Os cálculos a través do reloxo molecular estiman a orixe do grupo troncal das Malpighiales en arredor de 100 millóns de anos e a do grupo coroa das Malpighiales en arredor de 90 millóns de anos.[2]
As Malpighiales divídense en entre 32 e 42 familias, dependendo de a que clado lle damos o rango taxonómico de familia.[3] Na última revisión do Angiosperm Phylogeny Website, mantido polo botánico Peter F. Stevens, membro do Angiosperm Phylogeny Group, recoñéncense 39 familias, 716 xéneros e 15935 especies.[1]. A meirande familia é, de lonxe, as Euforbiáceas, con máis de 6000 especies.[4]
Nun estudo realizado en 2009 de secuencias de ADN de 13 xenes, 42 familias puxéronse en 16 grupos, cun tamaño que abranguía dunha a dez familias. Case nada se coñece sobre as relacións entre eses dezaseis grupos.[3] Malpighiales e Lamiales son as dúas grandes ordes nos que a súa filoxenia sen resolver.[5]