Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Manancial

Fonte
Fonte da Ribeira, Sarria, a principios do século XX

Un manancial[1] é un lugar onde mana auga que abrolla da terra ou entre as rochas. Pode ser permanente ou temporal. Orixínase na filtración de auga que penetra nunha área e emerxe noutra, de menor altitude, onde a auga non está confinada nun conduto impermeable. Estas surxencias acostuman ser abondosas en relevos cársticos. Os cursos subterráneos ás veces quecen polo contacto con rochas ígneas e afloran como augas termais.

Recibe tamén os nomes galegos de groto, gurgullo, gurgullón e illó. O nacente ou nacedoiro é o lugar onde nace o manancial[2].

Os pozos artesianos son manantes artificiais provocados polo ser humano mediante unha perforación a grande profundidade e na que a presión da auga é tal que a fai emerxer na superficie.

Os antigos gregos e romanos rendíanlles culto ás fontes naturais, que xeralmente eran consagradas a un deus ou a unha deusa. O famoso manante de augas termais de Bath, no suroeste de Gran Bretaña, foi consagrado polos romanos a Minerva, deusa da sabedoría e da guerra. As fontes ornamentais, nas cidades dos séculos XVII a comezos do XX, acostuman evocar ese carácter sagrado dos manantes mediante formacións escultóricas que representaban ás antigas deidades da auga.

Metaforicamente manantes e fontes consideráronse nun senso figurado orixe de algo: "Esa idea foi o manante de distintas doutrinas", "O seu pensamento bebe de fontes marxistas" etc. e tamén para moitos acordos comercias.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manancial.
  2. Portal das Palabras

Previous Page Next Page






Quelle ALS Víu AN Ēawielm ANG ينبوع Arabic Bulaq AZ Шишмә (һыу) BA Béji BAN Šaltenis BAT-SMG Burabod BCL Крыніца (гідралогія) BE

Responsive image

Responsive image