Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Mao.
Mao Tse Tung (1965) |
Nome orixinal | (zh-hant) 毛澤東 (zh-hans) 毛泽东 |
---|
|
Nacemento | (zh) 毛澤東 26 de decembro de 1893 Shaoshan (Dinastía Qing)
|
---|
Morte | 9 de setembro de 1976 (82 anos) Zhongnanhai, República Popular da China (pt) |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | Mausoléu de Mao Tsé-Tung (pt) (1976–) |
---|
|
Membro do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista da China |
---|
28 de setembro de 1956 – 9 de setembro de 1976 (morte) |
1º Presidente da República Popular da China |
---|
27 de setembro de 1954 – 27 de abril de 1959 ← sen valor – Liu Shaoqi → |
Presidente do Comité Nacional da Conferencia Política Consultiva do Pobo Chinés |
---|
21 de setembro de 1949 – 27 de setembro de 1954 ← sen valor – Zhou Enlai → |
Presidente da Comisión Militar Central do Partido Comunista Chinés |
---|
23 de agosto de 1945 – 9 de setembro de 1976 ← sen valor – Hua Guofeng → |
Presidente do Partido Comunista da China |
---|
19 de xuño de 1945 – 9 de setembro de 1976 ← sen valor – Hua Guofeng → |
Membro do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista da China |
---|
17 de xaneiro de 1935 – 19 de xuño de 1945 |
Membro do Consello Político Nacional da China |
---|
|
|
|
Residencia | Zhongnanhai (pt) Mao Zedong's Former Residence (en) Former residence of Mao Zedong during his first stay in Beijing (en) |
---|
Grupo étnico | Pobo han |
---|
Relixión | Ateísmo e ateo |
---|
Educación | Hunan First Normal University (en) (1913–1918) The First High School of Changsha, Hunan (en) (1912–1912) Xiangxiang First Senior High School (en) (1911–1911) Dongshan Senior High School (en) (1910–1911) |
---|
Altura | 180 cm |
---|
Lateralidade | destro |
---|
Cor do pelo | Pelo negro |
---|
|
Campo de traballo | Ensino e política |
---|
Ocupación | bibliotecario (1918–1919), político, strategist (en) , teórico político, revolucionario, mestre, escritor, filósofo, poeta, calígrafo |
---|
Período de actividade | - 1976 |
---|
Empregador | Peking University Library (en) |
---|
Partido político | Kuomintang (1923–1927) Partido Comunista de China |
---|
Movemento | Marxismo–Leninismo–Maoismo (pt) |
---|
Profesores | Li Yuanfu (en) |
---|
|
Rama militar | Exército Popular de Liberación, Exército Vermelho Chinês (pt) e Novo Exército (pt) |
---|
Conflito | Guerra Civil Chinesa Segunda guerra sino-xaponesa Guerra de Corea Conflito fronteiriço sino-soviético (pt) Guerra do Vietnam Guerra sino-indiana (pt) Expedição do Norte (pt) |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Jiang Qing (1938–1976), morte da persoa He Zizhen (1928–1938) Yang Kaihui (1920–1930), morte do cónxuxe Luo Yixiu (1908–1910) |
---|
Fillos | Mao Anying () Yang Kaihui Mao Anqing () Yang Kaihui Mao Anlong () Yang Kaihui Yang Yuehua () He Zizhen Li Min () He Zizhen Li Na () Jiang Qing |
---|
Pais | Mao Yichang e Wen Qimei |
---|
Irmáns | Mao Zemin Mao Zetan |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Mao, Zedong, 1893-1976, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
---|
|
Mao Tse Tung[1] ou Mao Zedong[2] (chinés tradicional: 毛澤東; chinés simplificado: 毛泽东; pinyin: Máo Zédōng; Wade-Giles: Mao2 Tse2-tung1), nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi o máximo dirixente do Partido Comunista da China (PCCh) e da República Popular da China. Baixo o seu liderado, o Partido Comunista fíxose co poder na China continental en 1949, cando se proclamou a nova República Popular, trala vitoria na guerra civil contra as forzas da República da China. A vitoria comunista provocou a fuxida de Chiang Kai-shek e os seus seguidores do Kuomintang para Taiwán e converteu a Mao no líder máximo da China ata a súa morte en 1976.
No plano ideolóxico, Mao asumiu as formulacións do marxismo-leninismo pero con matices propios baseados nas características da sociedade chinesa, moi diferente da europea. En particular, o comunismo de Mao outorga un papel central á clase campesiña como motor da revolución, formulación que difire da visión tradicional marxista-leninista da Unión Soviética, que vía os campesiños como unha clase con escasa capacidade de mobilización e adxudicaba aos traballadores urbanos o papel central na loita de clases.
A etapa de goberno de Mao estivo caracterizada por intensas campañas de reafirmación ideolóxica, que provocarían grandes conmocións sociais e políticas na China, como o Gran salto adiante e especialmente a Revolución Cultural, momento no que o seu poder alcanzou as cotas máximas ao desenvolverse un intenso culto á personalidade en torno á súa figura. Aínda hoxe en día, o papel histórico de Mao está rodeado dunha gran controversia. Anos logo da súa morte, en 1981, o Partido Comunista da China publicou unha análise oficial sobre a responsabilidade de Mao nos problemas sociais e económicos derivados das súas políticas, no que se lle atribuían erros graves, aínda cando se recoñecía o seu papel como gran líder revolucionario e artífice da subida ao poder do Partido Comunista. A partir de entón, o Partido Comunista da China mantivo esta valoración histórica de Mao como un gran líder, fonte de lexitimidade do propio partido, que con todo cometería algúns erros graves. Fóra da República popular, as valoracións de Mao variaron desde a visión amable que o mostraba como un líder popular [3] ata a percepción da súa etapa no poder como un exemplo de autoritarismo tiránico e brutal.[4][5][6] A maior discrepancia entre estas visións contrapostas da figura de Mao refírese a cal sería o seu nivel de responsabilidade no fracaso de moitas das políticas radicais que se adoptaron durante o seu liderado, así como ás cifras de mortos como consecuencia, directa ou indirecta, desas campañas políticas (os máis alcistas falan de máis de 70 millóns,[7] os máis baixistas dan 10 millóns [Cómpre referencia]. Doutra banda entre 1949 e 1975 a esperanza de vida duplicouse: de 32 a 65 . En principios dos anos 1970, Shanghai tiña unha taxa de mortalidade infantil menor que Nova York.[8] Nunha xeración, a taxa de alfabetización subiu do 15 % en 1949 ao 80 % a mediados dos anos de 1970.[9] Entre 1949 e 1976 a China, o «enfermo de Asia», transformouse nunha potencia industrial importante, cunha taxa de desenvolvemento igualada soamente polos grandes auxes de crecemento da historia.[10]
En 1961 rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do PCUS. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural en 1966 para consolidar o maoísmo.
- ↑ Forma de maior tradición, segundo a romanización Wade-Giles.
- ↑ Segundo a romanización pinyin simplificada.
- ↑ Esta visión amable de Mao fíxose bastante habitual en Occidente grazas ao libro do estadounidense Edgar Snow Red Star over China ("Estrela vermella sobre a China"), publicado, antes da súa etapa máis sanguenta, en 1939.
- ↑ Chang e Halliday (2006) consideran a Mao un ditador tiránico, que sería responsable directo da morte de máis de 70 millóns de chineses.
- ↑ [1] Arquivado 24 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ Li Zhishui (1995), que afirmaba ser médico persoal de Mao, móstrao como un líder caprichoso e obsesionado co poder.
- ↑ Chang, Jung; Halliday, Jon (19 de abril de 2006). El País, ed. "Capítulo I de "Mao: la historia desconocida"". Madrid): Taurus. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ Penny Kane, The Second Billion (Nueva York: Penguin, 1987); Ruth e Victor Sidel, Serve the People: Observations on Medicine in the People's Republic of China (Nova York: Josiah Macy Jr. Foundation, 1973).
- ↑ Ruth Gamberg, Red and Expert (Nueva York: Schoken, 1977).
- ↑ S. Ishikawa, "China's Economic Growth Since 1949", China Quarterly, junio 1983; Raymond Lotta, "The Theory and Practice of Maoist Planning", en Maoist Economics and the Revolutionary Road to Communism (Nova York: Banner, 1994); Carl Riskin, "Judging Economic Development: The Case of China", Economic and Political Weekly, 8 de octubre de 1977.