Tipo | mar marxinal ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Pacífico ![]() | ||||
Localización | |||||
País da cunca | República Popular da China, Taiwán, Corea do Sur e Xapón ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | Jiao River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Profundidade | 2.719 m ![]() | ||||
Superficie | 1.249.000 km² 750.000 km² ![]() | ||||
O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.
A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.