Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Mary Wollstonecraft

Modelo:BiografíaMary Wollstonecraft

(1797) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1759 Editar o valor en Wikidata
Spitalfields (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1797 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Somers Town (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInfecção puerperal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Peter's Church, Bournemouth (en) Traducir (1851–)
St Pancras Old Church, Camden (en) Traducir (1797–1851) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarking (en) Traducir
Southwark (pt) Traducir
Bloomsbury (pt) Traducir
Beverley
Illa de Irlanda
Gales
Newington Green (en) Traducir
Epping Forest (en) Traducir
París Editar o valor en Wikidata
RelixiónDeísmo, anglicanismo e Unitarismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, Estudos de xénero, Dereitos da muller, acción política e Escrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutora, institutriz, empresaria, escritora de viaxes, escritora de literatura infantil, ensaísta, historiadora, novelista, filósofa, escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFeminismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMr. Cresswick Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWilliam Godwin (1797–)
Gilbert Imlay Editar o valor en Wikidata
ParellaWilliam Godwin Editar o valor en Wikidata
FillosFanny Godwin
 () Gilbert Imlay
Mary Shelley
 () William Godwin Editar o valor en Wikidata
PaisEdward John Wollstonecraft Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Dixon Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles Wollstonecraft Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1161594 Bitraga: 1268 WikiTree: Wollstonecraft-1 Find a Grave: 12828 Editar o valor en Wikidata

Mary Wollstonecraft, nada en Spitalfields, Londres o 27 de abril de 1759 e finada o 10 de setembro de 1797, foi unha filósofa, escritora inglesa e defensora dos dereitos das mulleres. Durante a súa breve carreira, escribiu novelas, tratados, unha narración de viaxe, unha historia da Revolución Francesa, un manual de conduta e un libro para a mocidade. Wollstonecraft é coñecida por Vindicación dos dereitos da muller (1792), onde argumenta que as mulleres non son naturalmente inferiores aos varóns, mais semellan selo porque non reciben a mesma educación. Ela suxire que tanto varóns coma mulleres deben ser tratados como seres racionais e imaxina unha orde social fundada pola razón. Con esta obra estableceu as bases do feminismo moderno e converteuna nunha das mulleres máis populares de Europa da época.

Ata finais do século XX, a vida de Wollstonecraft, que abranguía varías relacións persoais non convencionais, recibía máis atención que a súa obra. Despois de dous malos asuntos con Henry Fuseli e Gilbert Imlay (con quen tivo unha filla, Fanny Imlay), casou co filósofo William Godwin, un dos devanceiros do movemento anarquista. Wollstonecraft finou á idade de 38 anos, once días despois de dar a luz a súa segunda filla, ficando atrás varios manuscritos inacabados. Esta filla, Mary Wollstoncraft Godwin, converteuse nunha consumada escritora, como Mary Shelley, a autora de Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Despois da morte de Wollstonecraft, o seu viúvo publicou Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller, 1798), revelando o seu estilo de vida pouco ortodoxo, que inadvertidamente destruíu a súa reputación durante case un século. Porén, co movemento feminista de comezos do século XX, a defensa de Wollstonecraft da igualdade das mulleres e as críticas á feminidade convencional fixéronse cada vez máis importantes. Na actualidade, Wollstonecraft é considerada unha das filósofas feministas fundadoras, e as feministas adoito citan tanto a súa vida coma o seu traballo como grandes influencias.


Previous Page Next Page