Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Membrana interdixital

Os tres dedos anteriores das patas deste ganso (Anser fabalis) están unidos por unha membrana interdixital

En zooloxía denomínase membrana interdixital,[1] ás veces chamada tamén membrana natatoria, é unha membrana de tecido epitelial que une os dedos das patas dalgúns animais, especialmente as aves acuáticas e os anfibios, pero que tamén presentan algúns mamíferos e réptiles (como os crocodilos e as tartarugas mariñas), que realiza unha función análoga ás aletas dos peixes, permitindo a súa locomoción na auga.

Non debe confundirse coa sindactilia, que é a fusión conxénita ou accidental de dous o máis dedos entre si, como a que pode darse en persoas que sofren o denominado síndrome LEOPARD, ou a síndrome de Aarskog-Scott.[2]

  1. Xusto A. Rodríguez Río, coord. (2008): Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria Arquivado 12 de abril de 2022 en Wayback Machine.. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-018-3.
  2. Orrico, Alfredo et al. 2003.

Previous Page Next Page






حظاب Arabic Membrana interdigital Catalan Plovací blána Czech Svømmehud Danish Schwimmhaut German Interdigital webbing English Membrana interdigital Spanish پرده بین‌انگشتی FA Palmure French Swimflues FY

Responsive image

Responsive image