![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
O metodismo ou movemento metodista é o nome que se dá habitualmente a un grupo numeroso e diverso de denominacións cristiás do cristianismo. Historicamente, o metodismo orixinouse na Gran Bretaña do século XVIII e grazas á vigorosa actividade misioneira que foi despregada, estendeuse axiña polos dominios do Imperio británico, os Estados Unidos e máis aló. Orixinalmente convocou especialmente a traballadores, granxeiros pobres e escravos. A súa teoloxía é claramente arminiana cunha énfase no feito de que a salvación é para todo aquel que a acepte. A súa liturxia é moi sinxela e clasifícase, segundo a tradición anglicana, como propia da Igrexa baixa. Calcúlanse 80 millóns de membros a redor de todo o mundo.[1]