Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Mioceno

O Mioceno é unha división da escala temporal xeolóxica, a cuarta época xeolóxica da era cenozoica e a primeira época do período neóxeno.

Sedimentos do mioceno en Nebrasca (Estados Unidos).

Comezou hai 23,03 millóns de anos e terminou hai 5,332 millóns de anos.[1][2] Neste período continuou a elevación de cordilleiras como os Pireneos, os Alpes e o Himalaia. A erosión favorecida por estas oroxéneses orixinou sedimentos e depósitos de petróleo en zonas que eran concas mariñas de pouca profundidade. A temperatura era máis baixa que a actual, e se orixinaron as masas de xeo na Antártida.

As plantas e os animais do mioceno eran bastante modernos. O nome de mioceno procede das palabras gregas μείων meiōn 'menos', e καινός kainós 'novo', é dicir, 'menos novo', aludindo a que presenta un 18 % menos de invertebrados mariños modernos que o Plioceno. Os mamíferos e as aves estaban ben establecidos. Proliferaron as especies de mamíferos, entre eles os rinocerontes, o gato, o camelo e o cabalo coas súa formas máis primitivas; entre estes están incluídos os grandes simios, que ademais de África, vivían en Asia e no sur de Europa. Nos mares, proliferaron baleas e focas.

  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  2. International Stratigraphic Chart, 2008

Previous Page Next Page






Mioseen AF العصر الميوسيني Arabic Miocenu AST Міяцэн BE Миоцен Bulgarian Miosen BR Miocen BS Miocè Catalan Miocén Czech Mïosen CY

Responsive image

Responsive image